Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50538

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (133/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 133/2016 por instancia de José Antonio Sotelo Beltrán contra a empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza en data 29 de outubro de 2018 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo.

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Antonio Sotelo Beltrán fronte á empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A., a aboar ao demandante a cantidade de sete mil cincocentos cincuenta e un euros con setenta e cinco céntimos de euro (7.551,75 euros), percibindo os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza