Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2018 Páx. 50540

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 478/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 478/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Sáez Crespo contra Restaurante Casa Basca, S.L., María Lourdes Hernaiz Fernández, herdanza xacente de Carlos Llamosas Fernández, administración concursal e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Manuel Sáez Crespo contra a empresaria individual María Lourdes Hernaiz Fernández e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 7 de maio de 2018, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data de efectos do citado despedimento, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a empresaria individual María Lourdes Hernaiz Fernández ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 38.917,04 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Sáez Crespo contra a empresaria individual María Lourdes Hernaiz Fernández e a súa administración concursal, a entidade Restaurante Casa Basca, S.L. e a herdanza xacente de Carlos Llamosas Fernández e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente os anteriores a que lle aboen á demandante a cantidade de 1.168,83 euros brutos, por falta de aviso previo, e compensación económica pola falta de desfrute de vacacións no ano 2018, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Restaurante Casa Basca, S.L. e herdanza xacente de Carlos Llamosa Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza