Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50878

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 143/2018, do 15 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade de varios treitos antigos da estrada autonómica AC-550, en prol do Concello de Porto do Son.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Porto do Son solicita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade de varios treitos antigos da estrada de titularidade autonómica AC-550 en distintos puntos quilométricos.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, clasifica algúns dos treitos solicitados polo concello como sobreanchos da estrada AC-550. Estes sobreanchos, por razóns de seguridade viaria, non reúnen as condicións necesarias para ser transferidos.

O resto de treitos son treitos antigos sen funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas, cumprindo coas condicións necesarias para ser transferidos ao concello.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de novembro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Porto do Son, sen prexuízo da configuración, condicións e reordenación dos accesos aos treitos antigos que se tiveran que facer posteriormente por cuestións de seguridade viaria na AC-550, dos seguintes restos da estrada AC-550 situados nos seguintes pp.qq.:

p.q.

77+940

a

p.q.

77+990

ME

p.q.

78+070

a

p.q.

78+310

ME

p.q.

79+570

a

p.q.

79+680

ME

p.q.

81+910

a

p.q.

82+050

ME

p.q.

82+460

a

p.q.

82+720

MD

p.q.

84+210

a

p.q.

84+350

ME

p.q.

86+190

a

p.q.

86+260

MD

p.q.

90+900

a

p.q.

91+010

ME

p.q.

91+560

a

p.q.

91+700

MD

p.q.

91+710

a

p.q.

91+860

ME

p.q.

92+360

a

p.q.

92+530

ME

p.q.

92+530

a

p.q.

93+040

MD

p.q.

96+960

a

p.q.

97+160

ME

p.q.

97+170

a

p.q.

97+600

MD

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013 do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Porto do Son deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponderanlle ao Concello de Porto do Son, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de novembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade