Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50876

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

DECRETO 142/2018, do 18 de outubro, polo que se dispón a substitución dun membro do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Federación de Centros de Educación e Xestión, por proposta da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezaoito de outubro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese José Ignacio Parajó Calvo como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación de titulares de centros privados, proposto pola Federación de Centros de Educación e Xestión.

Artigo 2

Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación de titulares de centros privados, proposto pola Federación de Centros de Educación e Xestión a Juana María Otero Torres.

Artigo 3

O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que posúe.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de outubro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional