ORD. Procedemento ordinario 411/2017-j
Procedemento de orixe: sobre outras materias
Demandante: Félix Fernández Muñiz
Procuradora: Susana Luisa Mourín Sobrado
Avogado: José Piroscia Penado
Demandada: Construcciones Servilugo, S.L.
Eu, María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, por este edicto anuncio que neste procedemento seguido por instancia de Félix Fernández Muñiz contra Construcciones Servilugo, S.L., se ditou a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:
«Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo
Sentenza: 88/2018
ORD. Procedemento ordinario 411/2017-j
Procedemento de orixe: sobre outras materias
Demandante: Félix Fernández Muñiz
Procuradora: Susana Luisa Mourín Sobrado
Avogado: José Piroscia Penado
Demandada: Construcciones Servilugo, S.L.
Resolvo que debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada pola procuradora Susana Mourín Sobrado, en nome e representación de Félix Fernández Muñiz, contra Construcciones Servilugo, S.L., declaro a resolución do contrato asinado entre as partes o día 27 de xuño de 2014 e condeno esta a aboar á demandante a cantidade de vinte e seis mil oitocentos cincuenta e oito euros con sesenta e catro céntimos (26.858,64 €) máis os xuros legais desde a reclamación xudicial.
Condénase en custas a parte demandada.
Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela se pode interpor recurso de apelación, ante este xulgado, no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.
Así o acorda, manda e asina, José Luis Deaño Rodríguez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo e do seu partido».
Publicación. A anterior sentenza foi dada, lida e publicada polo xuíz que a subscribe, que se encontraba no día da data, coa miña asistencia, celebrando audiencia pública. Dou fe.
Lugo, 9 de novembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza