Eu, María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, polo presente,
Anuncia:
No procedemento ordinario 113/2016 seguido por instancia de Gladys dos Santos Gómez fronte a Rodrigo García Estévez ditouse sentenza número 37/2017, do 16 de febreiro de 2017, que en extracto dispón:
– Estimo a demanda interposta por Gladys dos Santos Gómez, asistida por letrado e representado pola procuradora Sra. Santiago Arbones, contra o demandado Rodrigo García Estévez, declarado en situación de rebeldía procesual, e por iso condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de sesenta mil oitenta y tres euros con sesenta y seis céntimos (60.083,66 euros) máis xuros legais desde a data da demanda.
– Todo iso con imposición de custas á parte demandada.
– Notifíquese esta resolución ás partes.
– Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.
E encontrándose o devandito demandado, Rodrigo García Estévez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.
Vigo, 12 de novembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza