Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51267

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2018 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do exercicio 2018.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no segundo cuadrimestre do exercicio 2018, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data da

sinatura

Importe €

2018

2019

2020

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Axencia Galega das Industrias Culturais para cofinanciar o evento Conecta Fiction.

8.5.2018

550.000,00

Convenio de colaboración e documento que establece as condicións da axuda (DECA) entre a Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (Incyde) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que actúa como organismo beneficiario da operación incubadora High Tech Auto dentro do proxecto Incubadora de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da tecnoloxía ás micropemes, que se vai levar a cabo na Comunidade Autónoma de Galicia.

23.7.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia (SGR) e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018).

10.8.2018

300.000,00

II Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e Industria 4.0.

14.8.2018

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a coordinación de actuacións de impulso de empresa dixital e profesionalización das pemes.

14.8.2018

16.940,00

1.696.117,50

1.696.117,50