Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 21 de novembro de 2018 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 60 e 10065 (recinto 1) do polígono 501, ZCP 3, do termo municipal de Guntín.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 21 de novembro de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 60 e 10065 (recinto 1) do polígono 501, ZCP 3, do termo municipal de Guntín (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 5 de outubro de 2018.

Lugo, 22 de novembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo