Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de novembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 112/77 e oito máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 8 de novembro de 2018 figuran os seguintes acordos:

Monte Corda de Neda (expediente 112/77), pertencente aos veciños da parroquia de Abeledo, do concello de Abadín. O día 10.5.2017, tivo entrada un escrito presentado por Ilda Portela González como representante da comunidade, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 12.7.2018 presenta unha modificación á dita solicitude. O 27.8.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta dun novo esbozo (núm. 34/17) para o monte Corda de Neda. O monte queda cunha superficie de 442 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía (e tendo en conta a avinza coa comunidade de Loboso presentada o 17.10.2017). Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Sampaio (expediente 144/80), pertencente aos veciños da parroquia de San Fiz de Cangas, do concello de Pantón. O día 21.6.2017, tivo entrada un escrito presentado por Luís Rodríguez Blanco como representante da comunidade, no que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. O 25.10.2017 presenta unha modificación á dita solicitude. O día 26.4.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 39/17) para o monte Sampaio, o cal queda cunha superficie de 240,04 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte de Nodar (expediente 38/75), pertencente aos veciños da parroquia de Nodar, do concello de Friol. O día 31.5.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte ao constatar un solapamento con zona de concentración parcelaria considerando a inexistencia dunha variación substancial da superficie do monte, e, ao mesmo tempo, unha superficie de 0,603 ha afectada polo deslindamento efectuado con particulares polo monte de Anafreita, lindante con este, e ao que se propón adaptar. Tendo en conta o anterior, o monte de Nodar queda cunha superficie de 838,684 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Caxigal (expediente 19/78), pertencente aos veciños da parroquia de Agustín, do concello de Castroverde. O día 11.7.2017, tivo entrada un escrito presentado por Manuel García González como representante da comunidade, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. O día 5.9.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 54/17) para o monte Caxigal, o cal queda cunha superficie de 33 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte O Castelo, Chao de Lodeiro, Lagares, Ribeira e Rozas Vellas (expediente 53/78), pertencente aos veciños da parroquia de Burela, do concello de Burela. O día 6.3.2017, tivo entrada un escrito presentado por Ángel Rodríguez Martínez como representante da comunidade, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. O 29.8.2017 presenta unha emenda á dita solicitude. O día 14.6.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm.16/17) para o monte O Castelo, Chao de Lodeiro, Lagares, Ribeira e Rozas Vellas, quedando cunha superficie de 114 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Verducedo e Lomba (expediente 5/80), pertencente aos veciños da parroquia de Moscán, do concello do Páramo. O día 20.9.2017, tivo entrada un escrito presentado por María Teresa Gómez Arcos como representante da comunidade, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. O 10.9.2018 presenta unha emenda á dita solicitude. O día 18.9.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 64/17) para o monte Verducedo e Lomba. Este queda cunha superficie de 91,75 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Artoxos e Pedrizas (expediente 118/77), pertencente aos veciños da parroquia de Fanoi, do concello de Abadín. O día 24.5.2018, o Servizo de Infraestruturas Agrarias remite ao Servizo de Montes unha nota interior poñendo en coñecemento deste que, a través do proceso de concentración parcelaria que se está a desenvolver en Fanoi, existen dúas parcelas que pertencen ao monte veciñal en man común de Artoxos e Pedrizas, e solicitan que se integren neste. O 5.10.2018, tivo rexistro de entrada un escrito do presidente e da secretaria da comunidade solicitando a incorporación ao monte das dúas parcelas. O día 10.10.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 48/18) para o monte e, tendo en conta o anterior, o monte Artoxos e Pedrizas queda cunha superficie de 319,15 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Portela e Toxoso (expediente 116/77), pertencente aos veciños da parroquia de Castromaior, do concello de Abadín. O día 23.11.2017, tivo rexistro de entrada un escrito do presidente da comunidade no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. O 22.10.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 79/17) para o monte e, tendo en conta o anterior, o monte Portela e Toxoso queda cunha superficie de 496,59 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Monte Rancaño, Fraga, San Xoán, Chaira, Serra Moura e Ana Díaz (expediente 68/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilamarín, do concello de Monforte de Lemos. O día 18.12.2017, tivo rexistro de entrada un escrito do presidente da comunidade no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. O 31.10.2018, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 90/17) para o monte e, tendo en conta o anterior, o monte Rancaño, Fraga, San Xoán, Chaira, Serra Moura e Ana Díaz queda cunha superficie de 1095,22 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 23 de novembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo