Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PE 401E 2016/53-5 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PE 401E 2016/53-5 e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas ou os seus representantes legalmente establecidos poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Vigo, 26 de novembro de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE 401E 2016/53-5

Francisco Otero Chaves

35471701C

Resolución

Camiño do Carballal, 38,

36626 Vilanova de Arousa

PE 401E 2017/101-5

Mónica María Paz Santos

53481259A

Resolución

Lugar Seráns, San Pedro de Muro, 64, 15994 Porto do Son

PE 401E 2017/109-5

Víctor Piñeiro Lago

35485298R

Resolución

Lugar Monte, Deiro, 36,

36620 Cambados