Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51417

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (511/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 511/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosario Santiso Rielo contra Estudios del Noroeste, S.A., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rosario Santiso Rielo contra a entidade Estudios del Noroeste, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Estudios del Noroeste, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 3.178,30 euros brutos por salarios devindicados entre marzo e xuño de 2018, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase a recorrente que non sexa traballadora ou beneficiaria do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274).

E para que sirva de notificación en legal forma a Estudios del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza