Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal técnico medio de Administración especial (persoal técnico medio de inclusión social) C.E. 6/16 (funcionario/a de carreira).

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña, núm. 144, do 31 de xullo de 2018, e núm. 202, do 23 de outubro, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20 de xuño de 2018 e modificadas o 2 de outubro, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de técnico/a medio de Administración especial (técnico/a medio de inclusión social) C.E. 6/16. Funcionario/a de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 25 de outubro de 2018

O Alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración