Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña, núm. 144, do 31 de xullo de 2018, e núm. 202, do 23 de outubro, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 20 de xuño de 2018 e modificadas o 2 de outubro, relativas á seguinte convocatoria:
– 1 praza de técnico/a superior de Administración especial C.E. 7/16. Funcionario/a de carreira.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 25 de outubro de 2018
O Alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración