Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51716

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 154/2018, do 5 de decembro, polo que se nomea director xeral de Planificación e Ordenación Forestal a José Luis Chan Rodríguez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil dezaoito,

Nomeo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal a José Luis Chan Rodríguez.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural