Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51717

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 28 de novembro de 2018 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Confederación de Empresarios da Coruña,

DISPOÑO:

A renovación de Antonio Fontenla Ramil como vogal representante das organizacións empresarias no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar