Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51731

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 29 de novembro de 2018 pola que se conceden os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2017/18, convocados mediante a Orde do 13 de xullo de 2018.

Mediante a Orde do 13 de xullo de 2018 convócanse os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2017/18 (DOG do 27 de xullo). No artigo 14, a citada orde establece que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita pola comisión de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que recollerá a relación de códigos alfanuméricos dos premiados.

Vista a proposta feita pola comisión de selección, por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de acordo co establecido no artigo 14.2 da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2017/18, aos alumnos e alumnas que figuran na seguinte relación:

Código persoal do/a alumno/a

Cód. centro

Centro estudos

E9O1RVDR

36011257

CPR El Pilar

IXQ8I15G

15027952

IES Miraflores

1FRS9A9F

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

6ZL0VV0X

36019657

IES Primeiro de Marzo

OVYUXMGU

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

XYKJ31XN

15004101

CPR Plurilingüe Cristo Rey

FRP091J6

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

GEHSAJH0

15008714

CPI da Picota

SZ6LOQTJ

36020350

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

9E5VTPMZ

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

XH04W6AE

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

CJY2SIUQ

36004551

IES Illa de Tambo

FCEQMWYZ

32016637

IES Cosme López Rodríguez

GL336I82

36013761

IES A Xunqueira I

ZWF0963X

36018173

IES de Teis

WOUWOFYK

15026029

IES Isaac Díaz Pardo

EA1XVMQK

36016656

IES Pedro Floriani

ZRKBGSP3

36020374

IES Valadares

9WMKVUS5

32013612

IES Xesús Taboada Chivite

STQN73AP

36020374

IES Valadares

Segundo. Cada alumno ou alumna premiados recibirá 750 € que se farán efectivos con cargo á partida orzamentaria 10.50.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2018.

Terceiro. Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional