Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 51976

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio e se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 16 e 30 de novembro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial,

ACORDOU:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, no suposto práctico II, na pregunta número 4, na letra c), a segunda parte.

Considerando a anulación indicada no punto anterior, os candidatos que respondesen correctamente a primeira parte da letra c) da pregunta número 4 do suposto práctico II serán cualificados coa totalidade dos puntos asignados a esa parte, é dicir, 2 puntos.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio no lugar onde se realizou este e no portal web corporativo:

funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Sétimo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal