Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 51921

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 22 de novembro de 2018 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das organizacións sindicais.

Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 22 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (en diante, Congacode) é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.

O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da Vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Polo tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polas organizacións sindicais de maior representatividade en Galicia, segundo o disposto no número 3 do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,

DISPOÑO:

O nomeamento como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación das organizacións sindicais de maior representatividade en Galicia, de Xosé Lois Rivera Jácome, como membro titular, e de Renato Núñez da Silva como membro suplente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza