Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 51923

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa e da solicitude de pagamento, establecidos na Resolución do 15 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (SI440A).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 234, do luns 10 de decembro de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na disposición derradeira (páxina 51525) onde di: «Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia».