Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 51971

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2018 pola que se inscribe a Asociación Treboada de Ideas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos.

A Asociación Treboada de Ideas presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 18 de setembro de 2018.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febrero), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito.

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 106/2018, do 4 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que «para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 7 de novembro de 2018 sobre a solicitude en que se constata que a Asociación Treboada de Ideas persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febrero. Por iso,

Resolvo que a Asociación Treboada de Ideas quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 217.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

O conselleiro de Cultura e Turismo
P.D. (Orde do 14.3.2018, DOG núm. 58, do 22 de marzo)
Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral do Patrimonio Cultural