Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ao recurso contencioso-administrativo 283/2018, interposto contra o Decreto 136/2017, do 17 de novembro, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Primeira).

A Secretaría Xeral Técnica recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Primeira) polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo 283/2018, interposto por José Emilio Romero Lojo contra a disposición transitoria única do Decreto 136/2017, do 17 de novembro, de ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia.

En consecuencia, acórdase, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar