Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 22 de novembro de 2018 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas C.M.C. III e J.M.V. I.

Visto os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas C.M.C. III e J.M.V. I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 19 de novembro de 2018, Joaquín Outeiral Fernández e María del Pilar González Blanco, solicitan autorización para transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas C.M.C. III e J.M.V. I.

Segundo. Os solicitantes presentaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor da empresa Mariscos Joyfra, S.L. (B15259773), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: C.M.C. III.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 8.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 23.9.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Joaquín Outeiral Fernández e María del Pilar González Blanco (33234151W -33259333E) 100 % ganancial.

Nova titular: Mariscos Joyfra, S.L. (B15259773) 100 %.

Identificación

Tipo: Batea.

Nome: J.M.V. I.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 46.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 22.9.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Joaquín Outeiral Fernández e María del Pilar González Blanco (33234151W-33259333E) 100 % ganancial

Nova titular: Mariscos Joyfra, S.L. (B15259773) 100 %.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular das concesións administrativas queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de novembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde de 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña