Por Resolución da Alcaldía deste concello do 5 de decembro de 2018, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ao exercicio de 2018, co seguinte detalle:
– Persoal funcionario.
Funcionarios de carreira:
| Grupo | Subgrupo | Clasificación | Núm. vacantes | Denominación | Quenda de acceso | 
| C | C1 | Administrativo-Administración xeral | 1 | Administrativo | Por promoción interna | 
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
Portas, 7 de decembro de 2018
Víctor Estévez Casal
Alcalde

 
					
