Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52432

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria.

A base novena da Resolución do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria do Servizo Galego de Saúde dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizado o prazo de impugnación contra a Resolución do 23 de outubro de 2018 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, convocado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Terceiro. Convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que en único chamamento e acto e pola orde que nel se establece, en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino definitivo.

O acto de elección de destino terá lugar o día 21 de decembro de 2018, ás 16.00 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen o/a aspirante no acto de elección.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Investigación e innovación

Total

Odontólogo/a de atención primaria

1

*528W

De Alonso Álvarez, Olga

P

41,250

6,944

6,960

0,000

55,154

2

*573Z

Sampedro Díaz, Rocío

P

36,250

1,580

10,760

0,000

48,590

3

*640X

Sánchez Julián, Ana

P

40,250

1,350

6,040

0,000

47,640

4

*282G

Fernández Rielo, Rosa María

L

37,875

8,000

26,800

0,000

72,675

5

*061M

Leira Abella, María Carmen

L

34,125

8,000

28,000

0,000

70,125

6

*467R

Prieto Regueiro, Beatriz Josefa

L

34,625

7,217

28,000

0,050

69,892

7

*043C

Ruíz Eguizabal, María Jesús

L

39,250

4,175

26,200

0,000

69,625

8

*546X

Rubiños López, Emilio José

L

37,625

3,340

28,000

0,320

69,285

9

*126N

Marmor Anuchnik, Viviana

L

35,375

5,150

28,000

0,000

68,525

10

*182P

Guldrís Vázquez, Ana

L

38,875

6,612

20,440

0,000

65,927

11

*929A

Cerdeira Gregorio, Francisco

L

34,375

8,000

20,000

0,000

62,375

12

*393D

Raposo González, Blanca

L

39,625

4,007

18,400

0,000

62,032

13

*302Y

Mohedano Mira, María de los Ángeles

L

36,625

3,925

20,600

0,150

61,300

14

*685K

Tarrío Barral, Juan José

L

44,125

8,000

8,800

0,150

61,075

15

*282K

García Vilar, Iria

D

39,750

5,270

0,000

0,000

45,020

Pediatra de atención primaria

1

*511B

Pérez Mourelos, Belén

P

52,750

14,000

10,000

0,000

76,750

2

*618P

León Muíños, Elvira

L

52,500

14,000

18,600

1,020

86,120

3

*274V

Lago Mandado, Patricia

L

53,500

14,000

17,400

0,000

84,900

4

*137F

García Sánchez, Natalia

L

56,875

14,000

13,800

0,200

84,875

5

*721T

Arias Álvarez, Sonia

L

54,375

14,000

14,840

0,000

83,215

6

*211Y

Otero Suárez, Iria

L

57,750

14,000

11,200

0,000

82,950

7

*972Z

García Cendon, Clara

L

49,500

14,000

18,050

0,400

81,950

8

*306A

Diz-Lois Palomares, Cristina

L

48,625

14,000

17,900

0,700

81,225

9

*848V

Vior Álvarez, María Paz

L

47,625

14,000

18,600

0,000

80,225

10

*022C

Muíño Vidal, Marta

D

46,875

14,000

11,600

0,040

72,515

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Código

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Localidade

Núm. prazas

Odontólogo/a de atención primaria

0016800781

EOXI A Coruña

Cee

Mañá

Cee

1

0007100781

EOXI Ferrol

As Pontes de García Rodríguez

Mañá

As Pontes de García Rodríguez

1

0035800782

EOXI Ferrol

Narón

Tarde

Narón

1

0042300781

EOXI Ferrol

Ortigueira

Mañá

Ortigueira

1

0009300781

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Becerreá-A Fonsagrada

Mañá

Becerreá, A Fonsagrada

1

0063100781

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Viveiro

Mañá

Viveiro

1

0038200781

EOXI de Ourense, Verín e

O Barco de Valdeorras

O Barco-A Rúa

Mañá

O Barco de Valdeorras, A Rúa

1

0049800781

EOXI de Ourense, Verín e

O Barco de Valdeorras

Ribadavia

Mañá

Ribadavia

1

0060900782

EOXI de Pontevedra e O Salnés

Vilagarcía de Arousa

Tarde

Vilagarcía de Arousa

1

0047800783

EOXI Vigo

O Porriño

Desprazable

O Porriño

2

0049300781

EOXI Vigo

Redondela

Mañá

Redondela

1

0056500782

EOXI Vigo

Teis

Tarde

Vigo

1

0058000781

EOXI Vigo

Tui

Mañá

Tui

1

0058600782

EOXI Vigo

Val Miñor

Tarde

Nigrán

1

Pediatra de atención primaria

0013000671

EOXI A Coruña

Camariñas

Mañá

Camariñas

1

0041200673

EOXI A Coruña

Oleiros-Perillo

Desprazable

Oleiros

1

0047300671

EOXI Ferrol

Pontedeume-Cabanas-Monfero

Mañá

Pontedeume, Cabanas, Monfero

1

0002400672

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

A Milagrosa

Tarde

Lugo

1

0086800671

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Burela-Xove

Mañá

Burela, Xove

1

0087400671

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Viveiro-Ourol-O Vicedo

Mañá

Viveiro, Ourol, O Vicedo

1

0045900671

EOXI de Pontevedra e O Salnés

Poio

Mañá

Poio

1

0006700671

EOXI Santiago de Compostela

Arzúa-Boimorto

Mañá

Arzúa, Boimorto

1

0026900671

EOXI Santiago de Compostela

Lalín-Rodeiro-Agolada

Mañá

Lalín, Rodeiro, A Golada

1

0057000673

EOXI Vigo

Tomiño

Desprazable

Tomiño

1