Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52428

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

A base novena da Resolución do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizado o prazo de impugnación contra a Resolución do 23 de outubro de 2018 pola que se fan públicos os acordos do tribunal relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais do Servizo Galego de Saúde, convocado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Terceiro. Convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que en único chamamento e acto e pola orde que nel se establece, en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino definitivo.

O acto de elección de destino terá lugar o día 21 de decembro de 2018, ás 16.00 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen o/a aspirante no acto de elección.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

Técnico/a superior en prevención de riscos laborais

1

*615E

Muñiz Saborido, José Ramón

P

47,750

8,000

28,000

4,000

87,750

2

*861P

Cuevas Raposo, José

P

48,875

8,000

28,000

0,750

85,625

3

*592Y

Lago Taboada, María Dolores

P

44,375

8,000

19,880

0,500

72,755

4

*662V

Vilariño Varela, José Antonio

P

35,875

8,000

19,160

0,000

63,035

5

*195G

Seoane Rosende, Juan Antonio

P

45,375

8,000

8,000

0,000

61,375

6

*016H

Martín Lancharro, Pablo

L

51,625

8,000

28,000

2,550

90,175

7

*373N

González Iglesias, Marta Clara

D

47,750

8,000

28,000

4,000

87,750

8

*235X

Cores Calvo, Juan

L

48,250

8,000

28,000

3,300

87,550

9

*263S

Miraz Novas, Carolina

L

49,500

8,000

28,000

1,400

86,900

10

*655D

Fernández García, José Luis

L

48,375

8,000

28,000

2,250

86,625

11

*862D

Cuevas Raposo, Alejandro

L

46,125

8,000

28,000

3,300

85,425

12

*980T

Pérez Albarellos, Luis Alberto

L

43,375

8,000

28,000

4,000

83,375

13

*998J

Robla Santos, Diana

L

46,250

8,000

28,000

0,800

83,050

14

*212P

Dosil Caamaño, Alicia

L

44,750

8,000

25,400

4,000

82,150

15

*095F

Pallares Martínez, Eliseo

L

42,750

8,000

28,000

3,250

82,000

16

*117G

Besteiro Eguia, Ana

L

41,250

8,000

28,000

4,000

81,250

17

*337B

González Nores, María

L

44,500

8,000

28,000

0,500

81,000

18

*528P

Folgar Galán, Carmen Elvira

L

42,000

8,000

26,720

3,250

79,970

19

*741L

Sáez Taboada, Carlos Alberto

L

40,250

8,000

28,000

0,000

76,250

20

*021R

Godoy Trillo, José Rogelio

L

39,750

8,000

28,000

0,250

76,000

21

*658P

Fernández Teijeiro, Marta

L

43,000

8,000

23,200

0,000

74,200

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Código

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Localidade

Núm. prazas

Técnico/a superior en prevención de riscos laborais

0074313220

EOXI da Coruña

EOXI da Coruña

-

A Coruña

3

0074413220

EOXI de Ferrol

EOXI de Ferrol

-

Ferrol

3

0074513220

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

-

Lugo

2

0271713220

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Hospital de Monforte

-

Monforte de Lemos

1

0271613220

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Hospital da Costa

-

Burela

1

3204413220

EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital de Valdeorras

-

O Barco de Valdeorras

1

0074713220

EOXI de Pontevedra e O Salnés

EOXI de Pontevedra e O Salnés

-

Pontevedra

2

0074813220

EOXI de Santiago de Compostela

EOXI de Santiago de Compostela

-

Santiago de Compostela

4

0159913220

EOXI de Santiago de Compostela

Hospital do Barbanza

-

Ribeira

1

0074913220

EOXI de Vigo

EOXI de Vigo

-

Vigo

3