Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52425

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.

A base novena da Resolución do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica do Servizo Galego de Saúde dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizado o prazo de impugnación contra a Resolución do 23 de outubro de 2018 pola que se fan públicos os acordos do tribunal relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica do Servizo Galego de Saúde, convocado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Terceiro. Convocar aos/ás aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que en único chamamento e acto e pola orde que nel se establece, en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino definitivo.

O acto de elección de destino terá lugar o día 21 de decembro de 2018, ás 16.00 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Investigación e innovación

Total

Médico/a de admisión e documentación clínica

1

*014V

Rodríguez Vázquez, María Holanda

L

41,125

2,005

28,000

0,000

71,130

2

*086L

Rodríguez Fouz, Coral

L

45,125

4,955

19,600

0,050

69,730

3

*349E

Bravo Ricoy, José Antonio

L

42,750

8,000

17,600

0,850

69,200

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Código

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Localidade

Núm. prazas

Médico/a de admisión e documentación clínica

0271113140

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

-

Lugo

1

0271713140

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Hospital de Monforte

-

Monforte de Lemos

1

0320413140

EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital de Valdeorras

-

O Barco de Valdeorras

1