Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52421

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social.

A base novena da Resolución do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social do Servizo Galego de Saúde dispón que, comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as, as prazas que se lles ofertan e o procedemento e prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación dos/das aspirantes e finalizado o prazo de impugnación contra a Resolución do 23 de outubro de 2018 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, como anexo I, a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social do Servizo Galego de Saúde, convocado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016.

Segundo. Aprobar a relación de prazas que se ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, de conformidade co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.

Terceiro. Convocar os/as aspirantes seleccionados/as que se indican no anexo I desta resolución para que en único chamamento e acto e pola orde que nel se establece, en aplicación das bases da convocatoria, elixan destino definitivo.

O acto de elección de destino terá lugar o día 21 de decembro de 2018, ás 16.00 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección desenvolverase consonte o seguinte procedemento:

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa identidade.

b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.

c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen o/a aspirante no acto de elección.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

1

*319X

Candal Gómez, Javier

P

36,000

2,910

9,760

0,000

48,670

2

*551C

Iglesias Santomé, Ángel Enrique

L

33,250

8,000

11,600

2,000

54,850

3

*781Y

Castaño Piñeiro, Miguel Ángel

L

34,375

8,000

  6,400

0,000

48,775

4

*221J

García Núñez, Marcos

L

39,625

3,220

  0,000

0,000

42,845

5

*777F

Cacheda Vilar, David

L

33,750

8,000

  0,000

0,000

41,750

6

*703F

Rodríguez Rodríguez, José Antonio

L

36,875

0,000

  0,000

0,000

36,875

7

*801N

Carracedo Martínez, David

L

35,000

1,000

  0,000

0,000

36,000

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

1

*630J

Requeijo Figueiras, José

P

38,500

3,845

  5,500

2,000

49,845

2

*049H

Vázquez Rodríguez, Cristina

L

38,500

8,000

24,000

2,000

72,500

3

*111M

Rodríguez Castrelo, Ana Isabel

L

36,125

8,000

19,400

2,000

65,525

Traballador/a social

1

*623R

Otero Mosquera, Agustina Celsa

P

39,125

8,000

21,850

0,000

68,975

2

*705Q

Verea López de Guereñu, Elvira

P

38,000

8,000

15,160

0,000

61,160

3

*846E

Moure Rodríguez, Dolores

P

41,125

4,440

13,950

0,000

59,515

4

*894E

Barroso González, Antonio

P

36,875

7,570

13,840

0,000

58,285

5

*448X

Liñares Giménez, María Mercedes

P

35,000

8,000

14,850

0,000

57,850

6

*712H

Trillo Díaz, Susana

P

42,625

4,620

  9,400

0,000

56,645

7

*454W

Rivas Pérez, Fernando

P

39,375

3,480

13,080

0,000

55,935

8

*391X

Casanova Portabales, Ricardo

P

35,125

8,000

12,480

0,000

55,605

9

*285W

Barbeito Vázquez, Verónica

L

47,625

8,000

25,190

0,000

80,815

10

*647Y

Paz Galindo, María Cristina

L

41,500

8,000

28,000

0,000

77,500

11

*718A

Simón Alonso, Manuel Antonio

L

42,625

8,000

24,500

0,000

75,125

12

*950Z

Portabales Pesqueira, Agustina

L

40,250

8,000

25,400

0,000

73,650

13

*364K

Fungueiriño Figueira, María Carmen

L

39,250

8,000

26,300

0,000

73,550

14

*989W

Capeáns Fernández, Ana

L

42,375

8,000

22,900

0,000

73,275

15

*835G

Álvarez Álvarez, Rosalía

L

38,875

8,000

23,800

0,200

70,875

16

*941W

Rodríguez Vázquez, María Jesús

D

34,500

8,000

11,700

0,000

54,200

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.

ANEXO II

Destinos que se ofertan

Código

Centro directivo

Centro/s

Quenda

Localidade

Núm. prazas

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

0159800200

EOXI A Coruña

Hospital Virxe da Xunqueira

-

Cee

1

0074400200

EOXI Ferrol

EOXI Ferrol

-

Ferrol

1

0074500200

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

-

Lugo

1

0159900200

EOXI Santiago de Compostela

Hospital do Barbanza

-

Ribeira

1

0074900200

EOXI Vigo

EOXI Vigo

-

Vigo

2

0071900200

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061-Central de Coordinación

-

A Estrada

1

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

0074400180

EOXI Ferrol

EOXI Ferrol

-

Ferrol

1

0074600180

EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

-

Ourense

1

0159900180

EOXI Santiago de Compostela

Hospital da Barbanza

-

Ribeira

1

Traballador/a social

0006200961

EOXI A Coruña

Arteixo

Mañá

Arteixo

1

0013600961

EOXI A Coruña

Cambre

Mañá

Cambre

1

0074300960

EOXI A Coruña

EOXI A Coruña

-

A Coruña

1

0076500961

EOXI A Coruña

Santa Cruz

Mañá

Oleiros

1

0074400960

EOXI Ferrol

EOXI Ferrol

-

Ferrol

2

0074500960

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

-

Lugo

2

0329900960

EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital de Verín

-

Verín

1

0074800960

EOXI Santiago de Compostela

EOXI Santiago de Compostela

-

Santiago de Compostela

2

0037300961

EOXI Santiago de Compostela

Noia

Mañá

Noia

1

0019200963

EOXI Vigo

Coia

Desprazable

Vigo

1

0074900960

EOXI Vigo

EOXI Vigo

-

Vigo

3