Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52528

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

DECRETO 160/2018, do 13 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

De acordo co disposto no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, no presente exercicio unicamente se procederá, no sector público autonómico, á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos nesa norma.

As administracións públicas que no exercicio anterior cumprisen os obxectivos de estabilidade orzamentaria, débeda pública e a regra de gasto terán unha taxa de reposición do 100 %. Adicionalmente poderán dispor dunha taxa do 8 % destinada a aqueles ámbitos ou sectores que requiran un reforzo de efectivos, sempre dentro do marco da estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Esta porcentaxe adicional utilizarase preferentemente cando se dea, entre outras, algunha das seguintes circunstancias: establecemento de novos servizos públicos, incremento de actividade estacional pola actividade turística ou alto volume de xubilacións esperadas.

Así mesmo, a indicada lei, no seu artigo 19.Un.7, establece o procedemento de cálculo da taxa de reposición de efectivos para os efectos de aplicar a porcentaxe máxima, sen que computen as prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna e procesos de consolidación para o persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial. Ademais, no número 9 recóllese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48, establece os criterios xerais en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, nos cales deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

O artigo 70.3 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, establece que o decreto polo que se aprobe a oferta de emprego público poderá conter medidas derivadas da planificación dos recursos humanos.

Neste sentido merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos. Deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde os niveis inferiores aos superiores.

No decreto de oferta para o ano 2018 recóllese unha promoción interna para o persoal funcionario dos corpos xerais con convocatorias independentes das de acceso libre.

Tamén se prevén prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar esas funcións ou a desempeñar eses postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada. Este persoal laboral fixo poderá participar nun proceso selectivo de promoción interna a través dun concurso-oposición nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Para determinar a taxa de reposición das prazas de acceso libre, tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias, baixas definitivas, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2017.

Nesta oferta recóllese unha consolidación de emprego temporal para prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e que están desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005, de conformidade co previsto na disposición transitoria cuarta do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que continúa en vigor de acordo coa disposición derrogatoria primeira da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 19.Uno.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como aos acordos sobre o desenvolvemento da estabilidade no emprego dos servizos públicos, inclúese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal, incorporando prazas dos servizos de administración e servizos xerais que respondan a necesidades estruturais, estean dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. As ofertas que articulen estes procesos de estabilización deberán ser aprobadas e publicadas nos respectivos diarios oficiais nos exercicios 2018 a 2020.

Tamén se inclúen nesta oferta prazas de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais. Estas prazas están distribuídas por corpos e escalas de persoal funcionario e por categorías de persoal laboral, segundo constan nas relacións de postos de traballo aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia para dar cumprimento ao establecido no artigo 27 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, e no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Os procesos de consolidación e de estabilización que se convoquen faranse mediante o sistema de concurso-oposición a través dos correspondentes procesos selectivos, que deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade na oferta de acceso libre, resérvase unha porcentaxe do 9,37 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta.

A reserva do 9,37 % indicada realizarase de xeito que o 3,59 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 5,78 % das prazas ofertadas sexan para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta a aprobación da oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre a aprobación da oferta de emprego público para o ano 2018 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, e establécense os criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto nos parágrafos un, dous e catro do artigo 12 da Lei 8/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, así como o artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trece de decembro de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobar a oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como nos parágrafos un, dous e catro do artigo 12 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e categorías de persoal laboral para o ano 2018, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo ao 100 % da taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2018. Na cuantificación de prazas aplicouse o incremento adicional do 8 % nas condicións que permite o artigo 19.Un.2 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

2. No anexo II recóllense as prazas que se ofertan relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal de conformidade co previsto no artigo 19.Un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018. Neste anexo tamén se inclúen as prazas que se ofertan para a consolidación de emprego temporal para prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.

3. No anexo III figuran as prazas que se ofertan de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, e no artigo 19.Un.7 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

4. No anexo IV inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

5. No anexo V inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que van ser obxecto dun proceso de funcionarización nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

As prazas que figuran nos anexos II e III cubriranse polo sistema de concurso-oposición mediante os correspondentes procesos selectivos, que deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Ao persoal que supere estes procesos selectivos adxudicaráselle destino en postos correspondentes a corpos, escalas e categorías de natureza estrutural que estean desempeñados por persoal con vinculación temporal.

Artigo 3. Promoción interna independente

1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, convocaranse as prazas que se detallan no anexo IV do presente decreto, para persoal funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición. Estes procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso e será de aplicación para o persoal funcionario o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Para os corpos da Administración xeral realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario da Administración xeral, excluídas as escalas, poida promover ao grupo inmediato superior sempre e cando posúa a titulación necesaria, teña prestados servizos efectivos durante polo menos dous anos como funcionario/a no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo a que pretende acceder, reúna os requisitos exixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior de Administración xeral (subgrupo A1), tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral, da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2).

4. Ás persoas aspirantes dos corpos da Administración xeral que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo, sempre que estivese aberto ao corpo do grupo de titulación ao cal se acceda e figure na relación de postos de traballo aberto á Administración xeral, polo que quedan excluídos, expresamente, os postos que só estean abertos a escalas.

Artigo 4. Promoción interna para o persoal laboral fixo: proceso de funcionarización

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cuxa praza vai ser obxecto dun proceso de funcionarización poderá participar no proceso selectivo de promoción interna para as prazas que figuran no anexo V do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición, de forma independente dos de libre concorrencia, sempre que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as ditas funcións ou a desempeñar os ditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna convocadas antes da data sinalada, sempre que posúa a titulación necesaria e reúna os restantes requisitos exixidos, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Ao persoal laboral fixo que, como consecuencia deste proceso, adquira a condición de funcionario de carreira adxudicaráselle destino definitivo, de carácter funcionarial, no mesmo posto que viña desempeñando con carácter definitivo.

Artigo 5. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos

1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:

A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:

– Publicidade das convocatorias e das súas bases.

– Transparencia.

– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se deberán desenvolver.

– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

– A simplificación dos procesos selectivos, unificándose, cando corresponda, as prazas correspondentes aos anexos I, II e III.

– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.

B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto.

C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego público como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 48 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.

D) Nas convocatorias dos procesos selectivos nas cales se estableza a realización de probas con respostas alternativas, faranse públicos os cadros de respostas na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.es/funcion-publica), ademais de nos lugares que se estipulen na convocatoria.

E) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente.

2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verificase a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación cando exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existir méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candidatos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 49 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Artigo 6. Persoas con discapacidade

1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevé a reserva dunha cota non inferior ao 7 % das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

2. A reserva do 7 % realizarase de maneira que polo menos o 2 % das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, e o resto das prazas ofertadas o sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

3. Para dar cumprimento ao establecido no número anterior, nesta oferta para acceso libre resérvase unha porcentaxe do 9,37 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 3,59 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 5,78 %, para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Nos anexos I, II, III e IV do presente decreto figura a reserva de prazas nos corpos, escalas ou categorías en que as actividades ou funcións son compatibles, en maior medida, coa posible existencia dunha discapacidade. O número de prazas reservadas quedará recollido nas correspondentes bases das convocatorias.

4. As prazas reservadas para persoas con discapacidade xeral poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes á dos procesos libres e, en todo caso, garantirase o carácter individual dos procesos. As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual irán en convocatoria independente.

5. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

6. Nas probas selectivas, incluídos os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

7. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presente pola quenda de reserva supere os exercicios e non obteña praza na citada quenda, e se a súa puntuación é superior á obtida polos outros aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

8. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade xeral que queden desertas nos procesos selectivos poderanse acumular á quenda xeral.

Disposición adicional. Acumulación de prazas correspondentes á oferta de emprego público dos anos anteriores

Poderanse convocar nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas da Administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e ás categorías de persoal laboral relacionadas nos anexos da presente oferta, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2016 e 2017, que aínda están pendentes de convocar. No caso de seren acumuladas aplicarase a normativa correspondente á oferta de 2018.

Todas as prazas publicadas en ofertas anteriores que aínda están sen convocar de categorías de persoal laboral e que, segundo o disposto na Lei de emprego público, teñen unha equivalencia nos corpos e escalas de carácter funcionarial convocaranse nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lle corresponda de persoal funcionario.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de decembro de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Acceso libre

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

10

10

Escala de letrados (subgrupo A1)

4

4

Escala superior de finanzas (subgrupo A1)

5

5

Corpo de xestión (subgrupo A2)

20

1

21

Escala técnica de finanzas (subgrupo A2)

5

5

Escala técnica de estatísticos (subgrupo A2)

2

2

Corpo administrativo (subgrupo C1)

20

1

21

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

79

8

6

93

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

70

7

12

89

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de arquitectos (subgrupo A1)

5

5

Escala de ciencias (subgrupo A1)

Especialidade de bioloxía e ciencias do mar

17

1

18

Escala de facultativos de servizos sociais (subgrupo A1)

Especialidade medicina

10

10

Especialidade psicoloxía

30

3

33

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros (subgrupo A1)

Especialidade de máquinas e instalacións mariñas

1

1

Especialidade de bioloxía pesqueira

1

1

Especialidade de inglés marítimo

1

1

Especialidade de formación e orientación laboral

1

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de arquitectos técnicos (subgrupo A2)

9

1

10

Escala de técnicos facultativos de servizos sociais (subgrupo A2)

Especialidade de educadores

25

2

27

Especialidade traballo social

10

10

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2)

60

5

65

Escala auxiliar do servizo de prevención
e defensa contra incendios forestais
(subgrupo C2)

Especialidade bombeiro forestal

70

70

Total xeral

455

29

18

502

ANEXO II

Proceso de estabilización

Administración xeral

Proceso estabilización

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

30

3

33

Corpo de xestión (subgrupo A2)

5

1

6

Escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2)

4

1

5

Escala técnica de finanzas (subgrupo A2)

12

1

13

Corpo administrativo (subgrupo C1)

Escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1)

13

1

14

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

70

5

75

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

120

7

127

Administración especial

Proceso consolidación (d.T. 4º trebep)

Proceso

estabilización

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría de montes

2

13

15

Escala de arquitectos (subgrupo A1)

5

5

Escala de veterinarios (subgrupo A1)

26

4

30

Escala de inspección urbanística (subgrupo A1)

7

7

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros (subgrupo A1)

Especialidade de máquinas e instalacións mariñas

1

11

12

Especialidade de lexislación marítima

1

1

2

Especialidade de navegación marítima

14

14

Especialidade de pesca marítima

1

1

Especialidade de procesos de cultivo acuícola

4

2

6

Especialidade de inglés marítimo

1

1

Escala facultativa servizos sociais (subgrupo A1)

Especialidade medicina

25

2

27

Especialidade psicoloxía

20

2

22

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade enxeñaría técnica forestal

4

19

23

Especialidade enxeñaría técnica agrícola

10

24

6

40

Escala de arquitectos técnicos (subgrupo A2)

4

1

5

Escala de técnicos facultativos servizos sociais (subgrupo A2)

Especialidade enfermaría

33

1

34

Especialidade educadores

23

1

24

Especialidade fisioterapia

10

10

Especialidade traballo social

25

1

26

Especialidade terapia ocupacional

32

1

33

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

Escala de axentes do servizo de gardacostas (subgrupo C1)

10

10

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliares de clínica (subgrupo C2)

100

100

Total xeral

27

656

37

720

ANEXO III

Proceso de consolidación persoal indefinido non fixo

Laborais

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Grupo I. Categoría 001. Técnico/a deportivo

2

2

Grupo I. Categoría 002. Titulado/a superior médico/a

1

1

Grupo I. Categoría 004. Titulado/a superior

8

2

10

Grupo I. Categoría 006. Titulado/a superior psicólogo/a

2

2

Grupo II. Categoría 007. Titulado/a grao medio

3

3

Grupo II. Categoría 017. Asistente/a social

3

1

4

Grupo II. Categoría 027. Técnico/a superior diplomado/a en informática

1

1

Grupo II. Categoría 041. Técnico/a ambiental

1

1

Grupo II. Categoría 001. Director/a centros

1

1

Grupo III. Categoría 017. Analista de laboratorio

3

1

4

Grupo III. Categoría 036. Experto/a audiovisuais

1

1

Grupo III. Categoría 050. Técnico/a especialista en xardín de infancia

1

1

Grupo III. Categoría 063. Oficial/a 1ª condutor/a

1

1

Grupo III. Categoría 069. Oficial/a servizos técnicos

1

1

Grupo IV. Categoría 001. Auxiliar de gravación

1

1

Grupo IV. Categoría 011. Auxiliar de laboratorio

23

3

26

Grupo IV. Categoría 018. Oficial/a de segunda

8

1

9

Grupo IV. Categoría 031. Legoeiro/a

1

1

Grupo V. Categoría 001. Camareiro/a-limpador/a

1

1

Grupo V. Categoría 011. Limpador/a-fregador/a

1

1

Funcionarios

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

29

2

31

Escala de sistemas e tecnoloxía da información (subgrupo A1)

1

1

Corpo de xestión (subgrupo A2)

3

3

Escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2)

2

2

Corpo administrativo (subgrupo C1)

9

1

10

Escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1)

6

6

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

32

4

36

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

1

1

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría agronómica

3

3

Especialidade de enxeñaría industrial

6

6

Especialidade de enxeñaría de minas

3

1

4

Especialidade de enxeñaría de montes

1

1

Escala de veterinarios (subgrupo A1)

7

1

8

Escala de ciencias (subgrupo A1)

Especialidade de bioloxía

11

2

13

Especialidade de química

2

2

Especialidade de ciencias do mar

1

1

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos

(subgrupo A1)

Especialidade de arquivos

2

2

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade enxeñaría técnica industrial

6

6

Especialidade enxeñaría técnica forestal

6

1

7

Especialidade enxeñaría técnica agrícola

7

2

9

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos

marítimo-pesqueiros

2

2

Total xeral

204

22

226

Total prazas anexos I, II, III

1.448

ANEXO IV

Promoción interna persoal funcionario

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

18

2

20

Corpo de xestión (subgrupo A2)

57

3

60

Corpo administrativo (subgrupo C1)

89

6

95

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

23

2

25

Total xeral

187

13

200

ANEXO V

Promoción interna persoal laboral fixo (p. funcionarización)

Administración xeral

Quenda xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

56

56

Corpo de xestión (subgrupo A2)

13

13

Corpo administrativo (subgrupo C1)

64

64

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

169

169

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno

230

230

Corpo de xestión (subgrupo A2)

Escala de xestión de sistemas de informática

9

9

Corpo administrativo (subgrupo C1)

Escala técnica auxiliar de informática

36

36

Total xeral

577

577

Total prazas anexos IV, V

777

Total prazas OEP 2018

2.225