Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a participación pública o documento base do Plan de conservación do espazo natural de interese local Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte, no concello de Vigo.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co medio ambiente, aos que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán por que se informe ao público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

A conservación da natureza e da diversidade biolóxica encóntrase dentro das materias sobre as que as administracións públicas deben asegurar que se observen as garantías en materia de participación.

Iniciado o procedemento para a elaboración do plan de conservación do espazo natural de interese local Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte e do anteproxecto de decreto polo que se aproba o devandito plan,

ACORDO:

Primeiro. Someter a consulta pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o documento base do Plan de conservación do espazo natural de interese local Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte.

Segundo. Durante o citado prazo, poderase consultar o plan na páxina web da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda, entrando na subsección de documentos en información pública do portal de conservación da natureza: https://cmatv.xunta.gal/tema/c/CMAOT_Conservacion.

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

a) Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: planificacion.conservacion@xunta.gal, poñendo no asunto «PC do ENIL Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte».

b) Alternativamente, mediante a presentación dun escrito dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2018

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural