Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 30 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, polo que se notifica o acordo declarativo da procedencia de reintegro da axuda concedida ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2016 (expediente SI429A 2016/816-0).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo declarativo da procedencia do reintegro da axuda concedida ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm. 124, do 1 de xullo).

A eficacia deste acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse, ante a Secretaría Xeral da Igualdade, recurso de reposición no prazo dun (1) mes que se contará desde o día seguinte ao desta publicación. Todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente: SI429A 2016/816-0.

NIF da persoa interesada: B70454921.

Último enderezo coñecido: rúa Bellavista, 19, baixo, 15010 A Coruña.

Data do acordo: 8 de novembro de 2018.

Contido do acordo: declaración da procedencia do reintegro da axuda percibida (18.500 euros) máis o xuro de demora aplicable.

Feito que motiva o reintegro: incumprimento da obriga de acreditar a permanencia mínima da actividade empresarial e do mantemento do emprego de dous anos establecida no artigo 25.5 das bases reguladoras.