Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52892

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2018 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), convocadas pola Resolución desta axencia do 24 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 95, do 21 de maio), novas adxudicacións da lista de suplentes.

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 24 de abril de 2018 (DOG núm. 95, do 21 de maio), convocáronse as subvencións para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia.

No seu artigo 19 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración establecida no artigo 16 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme aos criterios establecidos no artigo 17.

A comisión de valoración, na súa sesión do 24 de xullo de 2018, emitiu informe favorable sobre a concesión de axudas ás solicitudes que acadaron unha puntuación inferior a 35 puntos e as solicitudes de 35 puntos que non superaron o criterio de desempate descrito no artigo 16.2 da convocatoria, as entidades cunha puntuación inferior quedarían, de ser o caso, como suplentes.

De acordo con isto, tendo en conta as renuncias recibidas e resoltas ata esta data, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia que figuran como anexo a esta resolución (agrupadas por aplicación e ordenadas por puntuación descendente).

2. Novas adxudicacións:

Aplicación orzamentaria

Ano 2018 (€)

09.A3.561A.470.0

20.000

09.A3.561A.480.0

10.000

Total

30.000

3. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 25 da resolución de convocatoria.

5. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no dito artigo 25 da resolución de convocatoria no prazo establecido no seu punto 1.

6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro do 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Relación de solicitudes concedidas (agrupadas por aplicación e ordenadas por puntuación descendente)

Nº expediente

Entidade solicitante

NIF

Trab. nº

Total punt.

Nº CT

Total axuda (€)

Aplicación

orzamentaria

010 IN848C_2018/1571280

Soluciones y Proyectos de Información, S.L. (Sixtema)

B15986771

2

30

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

010 IN848C_2018/1571280

Soluciones y Proyectos de Información, S.L. (Sixtema)

B15986771

1

29

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

Subtotal 09.A3.561A.470.0

20.000,00 €

059 IN848C_2018/1664621

Gradiant Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

G36997229

1

30

1

10.000,00 €

09.A3.561A.480.0

Subtotal 09.A3.561A.480.0

10.000,00 €

Total (09.A3.561A.470.0 + 09.A3.561A.480.0)

30.000,00 €