Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de decembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de clasificación do monte e pasteiro do Coto de Farán, solicitada polos veciños do lugar de Farán (Rodeiro-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, logo de que fosen devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 5 de decembro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

ANEXO

Expediente: monte e pasteiro do Coto de Farán.

Persoas interesadas: José Manuel López Cuñarro e outros (Delmiro Pérez García, José Paz Vázquez, Manuel Daparte Albor, Virgilio Pérez Jorge e Francisco Álvarez Pérez).

Acto notificado: corrección de erros na resolución do acordo de clasificación do monte e pasteiro do Coto de Farán, solicitado polos veciños do lugar de Farán (Rodeiro-Pontevedra).