De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SAN-CO-0021/2018-IA.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
Expediente: SAN-CO-0021/2018-IA.
Interesado: Fernando Baameiro Varela.
Acto de notificación: resolución.