Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a clasificación do monte denominado Cabaleiro, solicitada a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cesantes, na parroquia de Cesantes, do Concello de Redondela (Pontevedra).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 8 de novembro de 2018, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Cabaleiro, solicitado a favor dos veciños da Comunidad de Montes Veciñais en Man Común de Cesantes, na parroquia de Cesantes, do concello de Redondela, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 20.12.2017 o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra aproba unha resolución que clasifica como veciñal en man común a parcela Cabaleiro a favor da comunidade de montes da parroquia de Cesantes, pertencente ao Concello de Redondela. Esta resolución publícase no Diario Oficial de Galicia do 21.2.2018.

Segundo. Fernando Carrera Rodríguez e Rosa Carballido Martínez o 9.2.2018, presentan recurso de reposición contra a citada resolución, argumentando que desestima as súas alegacións de que posúen un predio na zona coa mesma denominación que a parcela comunal pero que non forma parte dela. Solicitan confirmación de que o predio da súa propiedade é alleo á parcela clasificada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra é o órgano competente para resolver os recursos de reposición que se interpoñan contra as súas resolucións, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPAC).

Segunda. Procede admitir os recursos de reposición interpostos de contrario por concorreren os requisitos fixados nos artigos 123 e 124 da LPAC.

Terceira. As alegacións presentadas polos recorrentes no período de audiencia da tramitación do expediente de clasificación afirmaban que da documentación que consta no expediente non se podía saber se o seu predio estaba afectado pola solicitude de clasificación e, en todo caso, achegaron copia do contrato de compravenda do predio e información rexistral del, que coincidía coa certificación facilitada polo Rexistro da Propiedade de Redondela. Non se achegou ningunha planimetría.

A resolución de clasificación desestima estas alegacións porque o citado predio «non conta con referencia catastral e non se pode coñecer a súa situación concreta, non coinciden nin os actuais propietarios nin os anteriores, nin as extensións nin os estremeiros coa parcela solicitada de clasificación».

Vistos os feitos, as consideracións legais e técnicas, a Lei 13/1989, do 10 de outubro de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o instrutor propón e o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros

ACORDA:

Desestimar o recurso de reposición presentado por Fernando González Gómez, en representación de Fernando Carrera Rodríguez e Rosa Carballido Martínez, confirmando en todos os seus termos a resolución impugnada.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 114.c) e 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Pontevedra, 3 de decembro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra