Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52998

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO da convocatoria XXVI do Premio Puro Cora.

O premio Puro Cora creouse co obxecto de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribuísen a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional coma internacional, con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2019, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L.; r/ Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 18 de decembro de 2018

Blanca García Montenegro
Presidenta