Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52997

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de convocatoria para prover seis prazas de auxiliar de axuda no fogar.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 281, do 10 de decembro de 2018, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer:

– Seis prazas de auxiliar de axuda no fogar, pertencente ao persoal laboral fixo deste concello, escala de Administración especial, subescala Servizos Especiais-Servizos Sociais Comunitarios Básicos, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 10 de decembro de 2018

José Antonio Ferreiro González
Alcalde