Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1129/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1129/2015 por instancia de Georges Tadzong contra a empresa Sánchez Rodríguez, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 16 de novembro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Georges Tadzong fronte á empresa Sánchez Rodríguez, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Sánchez Rodríguez, S.L. a aboar a Georges Tadzong a cantidade de oitocentos sesenta e nove euros con sesenta e tres céntimos de euro (869,63 euros) máis os xuros legais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e debe anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sánchez Rodríguez, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza