Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52931

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 8 de Madrid

EDICTO (610/2018).

Procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 610/2018

Autos acumulados: DSP 619/2018, DSP 616/2018, DSP 611/2018 e DSP 617/2018

Materia: despedimento

Cédula de citación a xuízo e a interrogatorio.

Órgano que ordena citar:

Xulgado do Social número 8 de Madrid.

Asunto en que se acorda:

Xuízo nº 610/2018 e autos acumulados: DSP 619/2018, DSP 616/2018, DSP 611/2018 e DSP 617/2018, promovidos por Mihai Marius Gradinaru, Ion Constantin, Lucian Stirbu, Javier Alcántara Merchán, Lenuta Stirbu, Florian Pisica e Dorinel Mirel Nedelea, sobre despedimento.

Persoa que se cita:

Lela Constructora Gallega, S.L., en concepto de parte demandada no dito xuízo.

Obxecto da citación:

Asistir ao/aos acto/s de conciliación e xuízo e, de ser o caso, responder ao interrogatorio solicitado por Mihai Marius Gradinaru, Ion Constantin, Lucian Stirbu, Javier Alcántara Merchán, Lenuta Stirbu, Florian Pisica e Dorinel Mirel Nedelea sobre os feitos e circunstancias obxecto do xuízo e que o tribunal declare pertinente.

Lugar e data en que debe comparecer:

Na sede deste xulgado, sito na rúa Princesa, 3, planta 3, 28008, sala de vistas situada na planta terceira, o día 9.1.2019, ás 10.30 horas.

Advertencias legais:

1. A súa incomparecencia inxustificada non impedirá a celebración do xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

As seguintes comunicacións faranse nos estrados do xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento (artigo 59 da LXS).

2. Debe concorrer ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.2 da LXS).

3. Se pretende comparecer no xuízo asistido de avogado ou representado por procurador ou graduado social colexiado, debe manifestalo a este xulgado por escrito dentro dos dous días seguintes ao da publicación do presente edicto (artigo 21.2 da LXS).

4. Se non comparece, e non xustifica o motivo da incomparecencia, o tribunal poderá considerar recoñecidos os feitos controvertidos que lle prexudiquen (artigo 304 da Lei 1/2000, de axuizamento civil –LAC–, en relación co artigo 91 da LXS), ademais de lle impor, logo de audiencia, unha multa de entre 180 e 600 euros (artigos 304 e 292.4 da LAC).

5. A publicación deste edicto serve de citación en legal forma á parte demandada, que se encontra en ignorado paradoiro.

A persoa citada pode examinar os autos na secretaría do xulgado ata o día da celebración do xuízo.

Madrid, 30 de novembro de 2018

Raquel Paz García De Mateos
Letrada da Administración de xustiza