Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53097

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de outubro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se dá publicidade da Resolución ST 1/2018 da mesma data pola que se convocan, para vinculacións temporais, diversas prazas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria.

O xerente de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria, para vinculacións temporais, de diversas prazas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes poderanse presentar nos rexistros de Xestión Integrada de Vigo no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de outubro de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo