Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 5/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 5/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Monsial, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva parte dispositiva se xuntan:

Sentenza.

Na Coruña o vinte e dous de novembro de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número PO 905/2016, en que son parte, dun lado como demandante María Jesús Iglesias Vázquez, representada por Manuel Quintáns en virtude de poder apud acta en substitución outorgado polo letrado Pedro Pedreira Candal, representante da parte demandante en virtude de poder notarial que consta nas actuacións, e como demandado Monsial, S.L., que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante María Jesús Iglesias Vázquez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Monsial, S.L. a que lle abone á demandante a cantidade de 10.907,79 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Monsial, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza