Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 601/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 601/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aitor Rodríguez Viñas contra Asador A Freixa, S.L. e Rosimeire Gomes da Silva, sobre ordinario, ditouse sentencia o 15.11.2018, recorrible en suplicación no prazo de cinco días, a cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rosimeire Gomes da Silva, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza