Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 71/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 71/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Juan Carlos Fernández Ambroa, sobre ordinario, ditouse auto despachando execución de 12.9.2018, recorrible en reposición e decreto de insolvencia de 27.11.2018, recorrible en revisión no prazo de tres días, resolucións que se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Fernández Ambroa, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza