Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Campelo, nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña) (expediente IN661A 2011/16-1).

A promotora Greenalia Wind Power Campelo, S.L.U. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para o proxecto do parque eólico Campelo, situado nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2011/16-1.

Denominación do proxecto: parque eólico Campelo.

Concellos afectados: concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña).

Predio nº

Propietario

Datos catastrais

Concello

Causa de devolución

Apelidos e nome

Polígono

Parcela

93 a1

García Anido, María Nelia

501

7

Coristanco

Enderezo descoñecido RBDA

78

Hdros. Jesús Rodríguez Casas

57

549

Coristanco

Ausente repartición

81

Hdros. Jesús Rodríguez Casas

57

551

Coristanco

Ausente repartición