Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018112AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de outubro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018112AL-LU, incoado a Chicken World, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Chicken World, S.L. o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 14 de novembro de 2018

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2018112AL-LU.

Interesada: Chicken World, S.L.

CIF: B27365550.

Último enderezo coñecido: rúa Eijo Garay, 5, 27880 Burela.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4.a) e punto 1 do capítulo I, punto 1.a) do capítulo II, punto 1.a) do capítulo V e punto 2 do capítulo IX do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

– Artigos 6.2 e 10 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE núm. 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Artigo 6.1 do Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro, polo que se aproba a norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presenten sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda a petición do comprador, e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo (BOE núm. 54, do 4 de marzo; rect. BOE núm. 87, do 11 abril de 2015).

– Artigos 3 e 4 do Regulamento (CE) 2073/2005 da Comisión, do 15 de novembro, relativo aos criterios microbiolóxicos aplicables aos produtos alimenticios (DOUE núm. 338, do 22 de decembro).

Tipificación provisional: unha infracción grave, tipificada no artigo 51.2, parágrafo 13º, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo), e dúas infraccións leves, tipificadas no artigo 51.1, parágrafos 1º e 10º, da citada Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: seis mil douscentos un euros (6.201,00 €), de acordo co seguinte detalle: cinco mil un euros (5.001,00 €) pola infracción grave e seiscentos euros (600,00 €) por cada unha das infraccións leves.