Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53375

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 139/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 139/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Olga Vázquez Picado contra Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., Neopunt, S.L., Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L. e Piu Punto, S.L., sobre despedimento, foi ditada a sentenza que ten a seguinte parte dispositiva:

«Estimando a demanda formulada por Olga Vázquez Picado, contra a empresa Neopunt, S.L., Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L., Piu Punto, S.L., e Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos do 4 de agosto de 2017, e condeno as demandadas a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opten entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizala pola extinción da relación laboral coa cantidade de 26.078,36 euros  polo período traballado ata o 15 de outubro de 2013, e coa cantidade de 1.892,49 euros por 567 días posteriores ao 27 de xaneiro de 2014, do cal resulta un total de 27.970,85 euros, sen salarios de tramitación, e deben pór en coñecemento do xulgado no prazo antes dito se optan ou non pola readmisión. En caso que se opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación a razón de 36,22 euros diarios.

Así mesmo, condeno as demandas ao aboamento da cantidade de 433,96 euros por salarios correspondentes á nómina de agosto de 2017 e parte proporcional de vacacións cos xuros moratorios do artigo 29 do ET.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial corresponda asumir dentro dos límites legais.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que será resolto pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberase anunciar ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que demostre o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco de Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0139-18, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa dun deles, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá demostrar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco de Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0139-18, a cantidade obxecto da condena; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtese, ademais, ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se for o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».

E para que sirva de notificación en forma a Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., Neopunt, S.L., Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L. e Piu Punto, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de novembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza