Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de documentación do expediente PI2018-P4-15/01 e dous máis do Plan de inspección en materia de seguridade industrial do ano 2018.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se poidan efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE. Igualmente, e en en virtude do disposto no citado artigo 44, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se relacionan no anexo, a seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes están á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro do acto, nas dependencias do Servizo de Administración Industrial na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, 2-1º andar (Edificio Administrativo Monelos), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 14 de decembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesados

NIF

Acto que se notifica

Concello

PI2018-P4-15/01

21 Grados, S.L.

B70213509

Requirimento

Rois

PI2018-P4-15/11

Foncal Coruña, S.L.

B15382443

Requirimento

A Coruña

PI2018-P4-15/14

Hugo Pardo Fafian

32837180B

Requirimento

Sada