Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2018/398-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, Parcela 19, Salvaterra de Miño.

Denominación: LMT unión desde LMT canteira Blokdegal a LMT Vda. Marcelino Martínez (peche bucle).

Situación: O Porriño.

Características técnicas: a instalación sitúase nos lugares de Forna e Vacaría, na parroquia de San Salvador de Budiño, no Porriño (Pontevedra), presenta as seguintes características:

– LMTA a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 558 metros de lonxitude.

– LMT aéreo-subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 257 metros de lonxitude estruturada en dous tramos:

– LMTS de 157 metros de lonxitude desde apoio existente na canteira Vda. Marcelino Martínez a apoio proxectado.

– LMT aéreo subterránea de 100 metros de lonxitude, entrada e saída centro de seccionamiento a LMT proxectada, LMT Blokdegal e LMT Javier Martínez.

– Centro de seccionamento (CS) en caseta prefabricada con catro celas manobra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización queda suxeita ao condicionado remitido pola entidade Pocasa, S.A. e aceptado por Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.A., respecto da afección á concesión de explotación Benedicta 1544. De tal modo que, se como consecuencia do avance dos traballos de explotación da concesión de explotación Benedicta 1544 é necesario modificar a liña autorizada mediante a presente resolución, o custo da dita modificación deberá asumilo Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.A. A necesidade da modificación da liña, polo avance dos traballos de explotación da concesión de explotación Benedicta 1544, deberase comprobar polos servizos técnicos da Sección de Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra que emitirán informe ao respecto.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 18 de decembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra