Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53736

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal dun/dunha titulado/a superior biólogo/a (grupo I, categoría 10) para a realización da acción de investigación Seguimento científico-técnico da explotación nos bancos de libre marisqueo do litoral de Galicia. Estratexia mariña integrada. Cima 18/02, no Centro de Investigacións Mariñas (Vilanova de Arousa).

O Decreto 39/2018, do 5 de abril, polo que se modifica o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, atribúe a esta as competencias en materia de investigación mariña que desenvolverá en coordinación coa consellería competente en materia de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

A Consellería do Mar, dentro da súa estrutura orgánica, conta co Centro de Investigacións Mariñas (en diante, Cima), como organismo público de investigación non universitario de Galicia.

O Cima asume desenvolver a acción de investigación Seguimento científico-técnico da explotación nos bancos de libre marisqueo do litoral de Galicia. Estratexia mariña integrada. Cima 18/02.

En consecuencia, e de acordo co disposto no artigo 30.1.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal dun/dunha titulado/a superior biólogo/a (grupo I, categoría 10) para a realización da acción de investigación Seguimento científico-técnico da explotación nos bancos de libre marisqueo do litoral de Galicia. Estratexia mariña integrada. Cima 18/02, no Centro de Investigacións Mariñas, Cima (Vilanova de Arousa) e aprobar as bases que rexerán o proceso.

As bases e condicións constan na páxina web da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal e nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e do Cima.

Para participar nesta convocatoria as persoas interesadas utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe nas bases da convocatoria.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar