Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53738

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (451/2017).

Peza: recurso de apelación (LACN) 451/2017

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

Procedemento de orixe: divorcio contencioso 194/2015

Recorrente: María del Carmen Casal Franco

Procuradora: Teresa Redondo Sandoval

Avogada: Lourdes Ignacio Ponce

Recorrido: José Manuel Cortizo Rodríguez

Na presente peza de apelación civil número 451/2017, dimanante do procedemento de divorcio contencioso número 194/2015 do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, seguido por instancia de María del Carmen Casal Franco fronte a José Manuel Cortizo Rodríguez, ditouse sentenza o 6 de xullo de 2017, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Valdés Garrido, María Begoña Rodríguez González, Jacinto José Pérez Benítez, ditou, en nome do rei, a seguinte sentencia número 349:

Pontevedra, 6 de xullo de 2017.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento divorcio número 194/2015, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza número 451/2017, en que aparece como parte apelante-demandante María Carmen Casal Franco, representada pola procuradora Teresa Redondo Sandoval, e asistida pola letrada Lourdes Ignacio Ponce, e como parte apelada-demandada José Manuel Cortizo Rodríguez, en rebeldía, e sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos que, estimando o recurso de apelación formulado por María del Carmen Casal Franco, representada pola procuradora Teresa Redondo Sandoval, contra a sentenza ditada nos autos de divorcio número 194/2015 polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, debémola revogar e revogámola no sentido de estimar a demanda formulada pola dita apelante contra José Manuel Cortizo Rodríguez, declarado en rebeldía, no sentido de condenalo a aboar á demandante durante cinco anos a cantidade de 300 euros en concepto de pensión compensatoria actualizable consonte o IPC dentro dos cinco primeiros días de cada mes desde o 1 de xaneiro de 2018, sen facer imposición das custas desta alzada. Con restitución do depósito constituído.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados que compoñen esta sala, presidente, Francisco Javier Valdés Garrido; María Begoña Rodríguez González, relatora, e Jacinto José Pérez Benítez.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E atopándose o devandito demandado, José Manuel Cortizo Rodríguez, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 26 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza