En virtude da Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
Mediante a Orde do 13 de xullo de 2018 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) foron nomeadas persoal funcionario en prácticas da dita escala as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo.
O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 9 de outubro de 2018 (DOG núm. 200, do 19 de outubro).
Co obxecto de que as persoas aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e non ocupan postos, e pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 28 de decembro de 2018, ás 10.00 horas.
Segundo. Os postos ofertados figuran como anexo II desta orde.
Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.
Cuarto. Ás persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado da persoa responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.
Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2018
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda
ANEXO I
Acceso libre
Nº orde |
NIF |
Apelidos e nome |
1 |
****8153 |
Gómez Sedes, Marta María |
2 |
4482**** |
Ramos Pena, Marta |
3 |
****7041 |
Alonso de Abel, Rebeca |
ANEXO II
Núm. |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Subgrupo |
Nivel |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Formación |
1 |
FCC030000315770021 |
FC |
Técnico/a de auditoría |
A1/A2 |
25 |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións |
Santiago de Compostela |
|
2 |
FCC050000515770002 |
FC |
Xefatura sección |
A1/A2/C1 |
25 |
Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos |
S.X. de Xestión do FSE e Outros Programas Comunitarios |
Santiago de Compostela |
|
3 |
FCC050000115770022 |
FC |
Xefatura sección |
A1/A2/C1 |
25 |
Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos |
S. X. de Planificación e Operacións Financeiras |
Santiago de Compostela |
Lic./grao Dereito (mérito) |